PROCESO DE CULTIVO


O proceso de cultivo do pemento de Herbón - Padrón é o seguinte:


1-O CULTIVO:

img-apdo-procesocultivo-2.jpg

Inda que a época na que podemos atopar no mercado os auténticos pementos de Herbón vai normalmente de maio a outubro (reducíndose de xuño a outubro se o cultivo é o aire ceibe), o traballo dos socios e socias da S.A.T. A Pementeira exténdese ó longo de todo o ano: iníciase ca selección da nova semente, continúa co cultivo dos semilleiros e finaliza ca recollida. Así, inda non rematada unha tempada de colleita, comezan xa os taballos precisos para obter bos resultados na seguinte. 

A grandes rasgos, o ciclo do pemento sería o seguinte:


1. A obtención do semente: Cada socio seleciona as mellores plantas de cada colleita, e extrae manualmente o semente da que nacerá a planta da seguinte campaña. Completando así todo o ciclo.

2. O seguinte paso é secar o semente para que perda a humidade (2-4 días de duración). Este proceso é fundamental para unha boa conservación.

3. O mes de outubro é a época elexida para preparar a terra e facer os semilleiros para os invernadoiros. E no mes de xaneiro do ano seguinte é cando se realizan os semilleiros ó aire ceibe.


4. Trasplante das plantas a súa ubicación definitiva. Para os invernadoiros este proceso realízase nos meses de febreiro e marzo. Mentres que si o facemos o aire ceibe escolleremos preferentemente os meses de maio e xuño.

5. Despois de todo isto, o incremento da temperatura nos meses estivales, a regularidade do riego e uns coidados idóneos farán o resto.

A recollida realízase no momento no que os caracteres físicos, químicos e organolépticos se axustan ós valores óptimos. En condicións climáticas normais dos meses de verán, isto soe pasar cada 2 - 3 días.

2-A SELECIÓN MANUAL:

img-apdo-procesocultivo-1.jpg Nesta fase do proceso está a esencia do Pemento de Herbón - Padrón, pois é realizada polos agricultores cos cinco sentidos; o tacto, a vista, o oído, o olfato e o gusto.

A selección manual ven determinada polo tacto e a vista.

Nunha selección máis estricta pasamos o oído, se crujen moito, os refugamos, e depois co olor se éstos cheiran moito a picante, pasan finalmente polo sentido final do gusto probándoos (freímos uns poucos, para asegurarnos da súa calidade).

Cando se realiza a recollida xa se van descartando os pementos que non serven ou os que non cumpren os nosos niveis de calidade. Despois realízase outra seleción máis exhaustiva, limpando as follas, restos de rabos rotos, flores, etc. quedando finalmente só os pementos de I Categoría que se levan ó envasado, ou ó mercado directamente.


3-O ENVASADO E OS ENVASES:

O envasado dos pementos dos socios/as produtores/as cumpre e garantiza a trazabilidade, asegurando o control, mantendo os caracteres típicos do "Pemento de Herbón" para salvaguardar a calidade déste, cumprindo ca zona xeográfica delimitada tal e como a nosa agrupación establece.

O envasado faise en diferentes tipos de bolsas según as necesidades dos clientes.


4-A COMERCIALIZACIÓN:

"Do campo ó mercado", no mínimo tempo posible e "Do productor ó consumidor", son lemas que reflexan nosa filosofía de vida.

O feito de que o pemento sexa un produto perecedeiro fai que se alteren sensiblemente nun pequeno espacio de tempo.

O transporte, almacenamento e manipulación no lugar de produción faise no mínimo tempo posible, cun breve período de comercialización, ó cal é un dos nosos principais obxectivos, introducindo o produto na cadena de frío si é preciso, sen rompela despois, garantizando así a conservación do pemento durante todo o proceso produtivo desde o campo ata o consumidor final.


img-apdo-procesodecultivo-3.jpg




Volver arriba