CONSELLOS DE CONSERVACIÓN


Os Pementos de Herbón - Padrón débense manter nun lugar fresco e seco, ou en frío, evitando o deterioro do seu aspecto físico (color e brillo) dentro da súa propia bolsa.

Hai que evitar expoñelos a calores intensos xa que poden aumentar a cantidade de picante.

Si se gardan na neveira, hai que evitar temperaturas demasiado baixas (non poñer a menos de 5 graos) para evitar que se poñan ennegrecidos, e colocalos preferentemente na zona baixa da neveira, ou na que xa esté adaptada para as hortalizas.
A data de consumición preferente debe ser entre 7 e 15 días, ou máis, dependendo da conservación proporcionada.

Nós recomendamos consumilos desde o día da recollida a incluso os cinco ou sete días seguintes ó envasado.


Anotación:

Hai que ter en conta que a porcentaxe de pementos nos que o nivel de capsaicina é suficiente para que éstos poidan picar ronda o 10%, de ahí que diante dun prato de pementos, e considerando a selección que facemos deles, éstes non deberían sobrepasar ese límite, entre o 10% e o 20%, ainda que non é unha ciencia exacta.

¡Os pementos de Padrón uns pican e outros non!


Se por calquer motivo hai dúdibas, hai que verificar primeiro o envase e o seu etiquetado, e despois o lugar de produción.

Podes poñerte en contato con nós sempre que o desexes, non dubides en consultarnos calquera dúdiba sobre o noso produto sen ningún compromiso, procuraremos contestarche con rapidez.


img_apart_producto_conservacion.jpg




Volver arriba