Non hai produtos
Prezos impostos incluidos
Na SAT A Pementeira escollemos manualmente aqueles pementos que cumpren cos requisitos de calidade que nos autoesiximos.
O envasado dos pementos, en bolsas individuais de 400 gramos que permiten a osixenación de produto, así como o transporte ata os puntos de venta, garanten en todo momento a boa conservación da mercancía ó longo dun proceso que A Pementeira coida e vixía desde a horta ata o cliente.
Denominación de Orixe Protexida
O “Pemento de Herbón” obtivo o recoñecemento como Denominación de Orixe Protexida pola Orden da Consellería do Medio Rural do 1 de xullo de 2009, na que se aprobou o seu Reglamento e nomeouse o Consello Regulador Provisional.
A súa inscripción no Rexistro de Denominaciones de Orixe Protexidas e de Indicacións xeográficas Protexidas tivo lugar en virtude do Regulamento (UE) Nº 700/2010 da Comisión do 4 de agosto de 2010.
As Denominacións de Orixe Protexidas (DOP) constituen o sistema empregado en España para o recoñecemento dunha calidade diferenciada, consecuencia de características propias e diferenciales, debidas ó medio xeográfico no que se producen as materias primas, se elaboran os productos, e á influencia do factor humano que participa nas mesmas.
Estas DOP están reguladas polos Regulamentos da CCE e polo tanto son de recoñecido valor a nivel europeo.
Os Pementos de Herbón de A Pementeira caracterízanse polo seu orixe certificado e a sua elaboración esmerada, ademáis de que están acollidos á DOP "Pemento de Herbón". Por todo isto, debemos asegurarnos de que os envases que adquirimos levan visibles o emblema ou logotipo da Denominación e unha contraetiqueta numerada proporcionada polo Consello Regulador.
Empresa certificada por Galicia Calidade
GALICIA CALIDADE é unha gran marca amparada pola Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, buscada polos consumidores que recoñecen nela confianza, prestixio e calidade.
Os seus programas de auditorías e ensaios, garanten que os produtos e servizos amparados, superaron os controis esixidos, para o que é preciso que conten coas materias primas da máis alta calidade, óptimas producións e excelentes servizos.
A PEMENTEIRA foi certificada por Galicia Calidade no mes de maio do ano 2012.