CÓMO MERCAR


No sitio web www.lospimientosdepadron.com atopará toda a información dos produtos que se ofrecen e do proceso de compra, así como dos prazos de entrega, formas de pago e gastos de envío.
Debido ao contido e a finalidade da nosa tenda, as persoas que queiran beneficiarse dos seus servizos deberán completar o formulario de rexistro, seguindo os pasos que A Pementeira indica e aceptar as Condicións Xerais de Venda na versión publicada no momento de acceder ao sitio web.
Os datos dos devanditos usuarios rexistrados incorporaranse a unha base de datos propiedade da Pementeira e serán tratados de acordo co indicado na Política de Privacidade.
Para realizar o pedido dun ou máis produtos en www.lospimientosdepadron.com o usuario debe seguir os pasos indicados no proceso de compra, cumprimentando os datos solicitados, confirmando a compra dos produtos engadidos ao CARRO DA COMPRA e elixindo a forma de pago que desexe.

Ao confirmar a compra dos produtos engadidos ao CARRO DA COMPRA, o usuario disporá de toda a información relativa ao pedido en tramitación (incluído o custo asociado ao transporte do pedido até a dirección indicada) e de todos os datos contractuais correspondentes.
Unha vez formalizado o pedido, o usuario recibirá por correo electrónico unha confirmación do pedido detallando os produtos adquiridos e os seus prezos, os gastos de envío, a forma de pago, a dirección de envío e os demais datos contractuais da transacción.
O pedido non se tramitará até o momento en que A Pementeira reciba a conformidade do pago.
Unha vez entregado o pedido, xerarase unha factura de compra a cal recibirá o cliente por correo electrónico, e ademais tamén poderá descargala en calquera momento desde a súa área persoal da páxina web (apartado A miña COMPRA), na cal tamén poderá visualizar o histórico dos pedidos realizados.

Os pedidos serán arquivados na base de datos da Pementeira durante un prazo de tempo que non excederá os límites establecidos pola lexislación vixente. O usuario poderá ter acceso aos seus pedidos entrando na sección ?As miñas Compras? da tenda on-line.
A Pementeira poderá absterse de tramitar os pedidos remitidos por usuarios que resulten ser incompletos ou incorrectos, aqueles cuxa confirmación de pago non se reciba de forma correcta, e tamén no caso de que os produtos seleccionados non estean dispoñibles. En tales supostos, A Pementeira informará o usuario por teléfono ou correo electrónico de que o pedido NON se tramitou correctamente, especificando adecuadamente os motivos para iso, e, no seu caso, realizará o reembolso da suma que se anticipou polos produtos non dispoñibles.

IMPORTANTE:
Para pedidos de máis de 20 kg. de Pementos (salvo en Canarias e Baleares, que o límite será de 10 kg.)  póñase en contacto connosco directamente a través de e-mail ou teléfono de contacto, xa que non realizamos vendas que superen ese peso a través da nosa páxina web.


Volver arriba