RECEITA: TORTILLA DE PEMENTOS


Ingredientes:

  • ½ cento ou 200 grs. de Pementos de A Pementeira
  • 750 grs. de patacas
  • 5 ovos
  • 1 cebola
  • Aceite de oliva
  • Sal


Preparación:

1) Picar a cebola e as patacas.

2) Poñer o aceite nunha tixola e cando esté quente botar as patacas. Cando éstas estén case feitas, bótaselle enriba a cebola picada (en cachiños pequenos) e sal ó gusto.

3) Nunha tixola a parte freír os pementos de Herbón. Escurrilos ben e poñelos nun prato.

4) Bater os ovos nun bol.

5) Sacar as patacas e a cebola xa feitas e escurrilas. Mezclalas ben cos ovos e os pementos. 

6) Deixamos a tixola de freir as patacas e a cebola sen aceite, botámoslle todo e déixase facer. Dase a volta e xa está lista. Deixar feitos os ovos ó gusto.

O segredo está en que as patacas no deben absorber moito aceite. Cando se mestura todo tamén hai que ter coidado co cambio de temperatura dos ovos coas patacas e as cebolas, sendo aconsellable engadir éstas pouco a pouco. Outra opción é batir toda a mezcla, así quedará máis esponxosa.



VOLTAR A RECEITAS



Volver arriba