Non hai produtos
Prezos impostos incluidos
Ingredientes:
- 200 grs. de Pementos de A Pementeira
- 200 grs. de angulas
- ½ guindilla picante
- ½ cebola
- 1 tomate
- 1 chorro de viño branco
- 1 cucharada de fariña de trigo
- 1 dente de allo
- Aceite de oliva
- Sal
Preparación:
1) Fritimos os pementos con aceite de oliva. Haberá que elixir pementos con corpo, sácaselle o rabo e a semente e sálganse.
2) Se saltean as angulas co allo picado e a guindilla.
3) Énchense os pementos.
4) Faise unha salsa mariñeira: coa cebola picada e o tomate picado todo ben sofrito, engádeselle a fariña a dourar ,daquela o viño branco e déixase reducir.
5) Ponse nun prato pondo a salsa mariñeira de fondo e logo os pementos recheos, listos para ser servidos.
6) Para acompañar este prato pódese facer spaguetti, só que haberá que facer máis salsa.
7) Tamén se pode encher con gambas.
O segredo está en elixir pementos de Herbón con corpo, para que éstes sexan máis fáciles de encher. Tamén se poden baleirar antes de fritir.