RECEITA: EMPANADA DE BONITO E PEMENTOS DE HERBÓN


Ingredientes:

  • 300 grs. de Pementos de A Pementeira
  • 200 grs. de fariña de trigo
  • ½ cucharada de levadura en pó
  • 100 grs. de manteiga
  • Agua (6 cucharadas tibias)
  • 200 grs. de bonito
  • 200 grs. de cebola
  • 400 grs. de tomates
  • Aceite de oliva
  • Sal


Preparación:

1) Primeiro facemos a masa: ponse a fariña nunha mesa formando un círculo, engádeselle o sal, fermento en po e a manteiga derretida, amasando todo cos dedos ou cunha amasadora. Engádeselle a auga. Trabállase toda a masa, dándoselle unha forma de bóla, tápase, e déixase repousar 30 minutos.

2) Se engrasa o molde e divídese a masa en dúas partes, estírase co rodete e ponse no molde.

3) O preparado do interior será de bonito, cebola, e pementos xa feitos aparte: para isto lembrar que a cebola vai primeiro e despois os pementos, que tamén se lle pode engadir un medio pemento morrón louro.

4) Estírase o preparado pola 1ª base e cóbrese coa outra capa, coa axuda dun tenedor, fáiselle o bordo, (apertando os bordos) e fáiselle un buraco no centro da segunda base, untándola con ovo batido e metendo todo no forno. Cando se vexa a masa dourada sácase.
 
O segredo está no preparado do recheo con produtos frescos e sofritos con calma, ben pochados para aproveitar ao máximo as súas esencias.




VOLTAR A RECEITAS





Volver arriba