RECEITA: ENSALADA DE ARROZ CON POLO E PEMENTOS DE HERBÓN


Ingredientes:

  • 100 grs. de Pementos de A Pementeira
  • 50 grs. de millo
  • 50 grs. de xamón york ou peito de pavo
  • 100 grs. de arroz
  • 1 peito de polo
  • Media cebola
  • 1 Tomate grande
  • 2 dentes de allo
  • Aceite de oliva
  • Perexil
  • Azafrán
  • Pementa doce
  • Sal


Preparación:

1) Nunha cacerola ponse o aceite de oliva, quéntase e bótaselle a cebola picada e o allo. Cando a cebola estea dourada engádeselle o tomate e media culler de pemento doce.

2) Engádeselle a pechuga de pito picada en anacos, até ter todo dourado.

3) Nun morteiro machúcase o outro dente de allo, o perexil e o azafrán cunha culler de aceite de oliva de fritir os pementos de Herbón.

4) Bótase o arroz na cacerola, se sazona con sal e engádeselle un caldo de pito, o dobre que o arroz; Revolver e deixar cocer 15 minutos ata que non quede caldo.

5) Retírase e déixase repousar, debe quedar sen caldo ningún.

6) Engádenselle os pementos xa fritos, o millo, e o xamón york en tacos. Bátese todo e listo para condimentar coa salsa do morteiro.
 
O segredo está en que o arroz quede seco . Pode utilizarse arroz ancho ou basmati, con máis aroma, para darlle un pouco de exotismo pode facerse unha mestura de arroces incluíndo o arroz negro, neste caso deberase ter máis coidado cos tempos de cocción para que queden no seu punto. Tamén serve para darlle un toque diferente a un arroz do mediodía para a cea.



VOLTAR A RECEITAS



Volver arriba