RECEITA: BACALLAU CON PEMENTOS DE HERBÓN


Ingredientes:

  • 1 cento ou 400 grs. de Pementos de A Pementeira
  • 2 pedazos de lombo de bacallau desalado
  • 1 cebola
  • 1 allo porro
  • 2 patacas
  • 2 dentes de allo
  • 4 tomates
  • ½ vaso de viño branco
  • Aceite de oliva
  • Pementa branca
  • Sal


Preparación:

1) Nun cazolo de barro rehógase a cebola cortada en juliana, os allos fileteados, o allo porro (a parte máis verde), os pementos e os dous tomates cortados en dados. Cando estea todo case a punto engádenselle as patacas en láminas finas, sazónase, e con todo isto faise unha cama para os lombos de bacallau. Colócanse cos dous tomates que faltan e metade do allo porro  (a parte branca) cortado en dados. Régase co viño branco.

2) Pór co forno xa quente. Cando xa lle falte pouco incorpórase o bacallau dependendo do grosor do mesmo, régase con aceite de oliva e pementa branca ou bayas, e déixase facer.

O segredo esencialmente está en deixar no seu punto o bacallau, despois pódeselle engadir ourego aos tomates asados, cunha pinga de aceite virxe.  Tamén se pode facer pixotas, pero a estas hai que porlle limón, romeu e tomiño no ventre.



VOLTAR A RECEITAS



Volver arriba