RECEITA: PAELLA DE HORTALIZAS CON PEMENTOS DE HERBÓN


Ingredientes:

  • ½ cento ou 200 grs. de Pementos de A Pementeira
  • 200 grs. de arroz
  • 250 grs. de ameixas
  • 6 langostinos
  • 250 grs. de carne de porco
  • 150 grs. de tomate triturado
  • Aceite de oliva
  • Azafrán
  • Sal
  • 1 Cebola


Preparación:

1) Nun cazo de barro ponse o aceite de oliva e a cebola. Cando ésta está transparente engádeselle a carne cortada en anacos moi pequenos, se sofríe todo e a continuación engádeselle o tomate triturado.

2) Engádese o arroz e despois o dobre de cantidade de auga que o arroz, sazonando todo con sal.

3) Ferver a lume rápido durante un dez minutos, e despois rebaixar o lume.

4) Cando a auga estea a reducirse engádenselle os pementos, lagostinos e ameixas co azafrán, e mantense un dez minutos máis.

5) Déixase repousar un pouco cun pano tapado e a continuación xa se pode servir.


O segredo está en aproveitar o caldo das ameixas e lagostinos e o aceite de fritir os pementos de Herbón.



VOLTAR A RECEITAS





Volver arriba