PREGUNTAS FRECUENTES (FAQ)


1. ¿A qué países se fan envíos?

Actualmente realizamos envíos os seguintes países a través da nosa tenda online:
España (salvo Ceuta e Melilla), Baleares, Canarias, Portugal, Alemania, Francia, Italia, Reino Unido, Austria, Bélgica, Dinamarca, Finlandia, Holanda, Irlanda, Luxemburgo, Rep. Checa, Suecia, Suiza, Andorra, Mónaco y Noruega.
Se desexas realizar unha compra na nosa tenda on-line e non pertences a ningún dos países anteriores, ponte en contacto con nós a través de e-mail na seguinte dirección: info@lospimientosdepadron.com.


2. ¿Cal é o prazo de entrega do meu pedido?

O prazo de entrega do teu pedido variará segundo sexa o país de entrega do mesmo. Para máis información visita o apartado “Prazos de entrega” que atoparás no pé da páxina web, onde tes toda a información sobre este tema.


3. ¿Pódese devolver o produto no caso de cambio de opinión?

Debido á natureza perecedeira dos nosos pementos, non hai posibilidade de devolución ou cambio dos mesmos  (xa que non é de aplicación o chamado “dereito de desistencia”), salvo que o recibir o pedido éste non chegue nas condicións adecuadas para o seu consumo ou presente algún desperfecto.

No caso das marmeladas, sí que podes exercitar o dereito de desistencia, para máis información, visita o apartado “Devolucións” que atoparás no pé da páxina web, para saber os pasos a seguir.


4. ¿O produto chegará nas condicións óptimas para o seu consumo?

Na Pementeira realizamos todo o proceso de embalaxe manualmente, garantindo así que o seu produto estará ata o derradeiro momento sen procesar. Unha vez preparado o teu pedido, éste meterase en caixas de cartón de dobre canal con zonas de aireación, que é o tipo de embalaxe máis adecuado para o seu transporte, tanto para a absorción de impactos, como o que mellor permite ser apilado sen que afecte os produtos que van no seu interior.

Finalmente pecharémola caixa para que todo chegue en óptimas condicións o seu destino.


5. ¿Cómo sei se fixen o pedido correctamente?

Sempre que fagas un pedido na nosa web recibirás unha confirmación do mesmo no e-mail que nos facilitaras no rexistro na web, deste xeito, terás a seguridade tanto de que o fixeches correctamente como de que foi recepcionado por A Pementeira.
En calquer caso, podes consultar o teu carrito de compra durante todo o proceso, mentres estás comprando, antes e despois de decidir a compra. Unha vez feita ésta, no teu panel de control personal tamén poderás ver o histórico de compras realizadas.


6. ¿Canto tempo duran os pementos e cómo teño que conservalos?

Os Pementos de Herbón - Padrón débense manter nun lugar fresco e seco, ou en frío, evitando o deterioro do seu aspecto físico (cor e brillo) dentro da sua propia bolsa.

Se se gardan na neveira hai que evitar temperaturas demasiado baixas (non poñer a menos de 5 graos) para evitar que se poñan ennegrecidos, e colocalos preferentemente na zona baixa da neveira, ou na que xa traen algunhas neveiras para as hortalizas.

Recomendamos o seu consumo nun prazo aproximado de 10 – 12 días desde a sua recepción.




Volver arriba