TAPA: RECHEO DE PEMENTO CON PEMENTOS DE HERBÓN


Ingredientes:

  • Pementos de Herbón
  • Pementos italianos
  • Pementos de Arnoia
  • Pementos de Piquillo
  • Pemento morrón verde
  • Allo
  • Cebola
  • Allo porro
  • Sal
  • Aceite de oliva


Preparación:

1) Sofreir un dente de allo, a cebola, e o allo porro.

2) Engadir todos os pementos cortados en juliana, introducindo primeiro os máis grosos, e finalmente os pementos de Herbón. Salpimentar.

3) Despois escoller un pemento para encher, preferentemente o de Piquillo por ser o único de cor vermello.

4) Énchese e listo para acompañar calquera carne ou peixe.

5) Outro xeito de presentar tamén é freír ou asar por separado cada pemento.

6) Despois ir introducindo cada pemento máis pequeno no máis grande até formar varias capas igual que as bonecas rusas. Esta forma de presentación e preparación é máis orixinal unha vez que se corta o pemento, pero a dificultade é maior.

7) Esta receta tamén serve para encher unha berenxena ou calabacín.



VOLTAR A TAPAS





Volver arriba