QUENES SOMOS


A Pementeira
é unha Sociedade Agrícola de Transformación dedicada á produción, envasado e comercialización do Pemento de Herbón e fundada por 23 agricultores/as cunha ampla experiencia neste cultivo.

Esta sociedade é herdeira dunha sabiduría e tradición que queremos preservar ó mesmo tempo que poñemos en marcha mecanismos que nos permitan obter o máximo rendemento do noso traballo, estando a nosa marca orientada a conseguir a maior calidade e non cantidade.

Con este fin, embarcámonos nun proxecto que convertemos en realidade no ano 2006, sendo no verán de 2008 cando puxemos en marcha a nosa nave de envasado no polígono Padronés de PICUSA, cunha inversión de máis de 240.000 euros, e salimos ó mercado co nome de S.A.T. A Pementeira.











Volver arriba