HISTORIA


Os pementos chegaron a estas terras procedentes de America do Sur (México probablemente, ainda que a orixe da pranta sitúase en Bolivia) a finais do século XVI da man de misioneiros franciscanos que se instalaron no Convento de Herbón.

Herbón é unha aldea rural pequena pertencente o Concello de Padrón (A Coruña) cuya población leva séculos traballando e mimando as súas hortas con diferentes cultivos, entre os que destaca o Pemento. Falar dos Pementos de Herbón é falar das xentes que os cultivan, ofrecendo unha garantía de tradición e cultura da horta galega.

Cos anos e coidados, esta especie foise adaptando á climatoloxía e o chan dos valles dos ríos Ulla e Sar, cunha adaptación que deu lugar o que hoxe coñecemos como Pementos de Herbón (Padrón).

En Padrón existen actualmente en torno a 14 hectáreas de invernadeiros destinados ó cultivo do pemento, superficie á que hai que sumar unhas 20 hectáreas ó aire ceibe. A produción total podería alcanzar aproximadamente 1,3 millóns de quilos ó ano.


Convento de Herbón




Volver arriba