Non hai produtos
Prezos impostos incluidos
As suaves temperaturas e as escasas oscilacións térmicas, así como os chans da zona, afectan directamente a estas características morfolóxicas e organolépticas, e particularmente sobre o color e o brillo, a relación entre o peso do froito e a semente, e o máis fundamental: o baixo nivel de capsicina presente nos texidos do froito.
Os pementos de Herbón son froitos da familia da solanácea, especie Capsicum annuun, L, considerada a variedade comercial "Padrón", sendo os ecotipos locais de este pemento os que se producen na SAT A Pementeira.
A características do pemento de Herbón son as seguintes:
|
Zona xeográfica:
A zona xeográfica e de produción localízase fundamentalmente no valle dos ríos Ulla e Sar, que se determina polos seguintes Concellos: Padrón, Dodro, Rois, Pontecesures e Valga.
A planta e o froito:
A planta dos pementos ven determinada por un metro escaso de altura ó aire ceibe e pode chegar a alcanzar os dous metros no invernadoiro. Ten abundante rama, o cal fai que a recollida sexa dificultosa á hora de atopar os froitos, que tamén son de cor verde. A autenticidade e o sabor do froito son os que o definen.
As propiedades:
Destaca como compoñente principal a agua. Considérase cun valor nutritivo similar o pemento verde: con vitaminas e minerais. Crudos son unha excelente fonte de vitamina C. Destaca o contido en provitamina A ou betacaroteno, folatos e vitamina E. É dicir, nutrientes con atribuidas propiedades antioxidantes. Tamén conteñen potasio e magnesio.